Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AUTOBIOGRAFIA DO VERMELLO

€18,00
ISBN 9788412932409
Autobiografía do Vermello (título orixinal: Autobiography of Red) é a obra de referencia de Anne Carson, a prestixiosa escritora canadense que foi galardoada co Premio Nobel de Literatura en 2026. Publicada orixinalmente en 1998, esta monumental novela en verso chegou ao mercado galego a través do selo Noudelo e Ribón, inserido no proxecto editorial de Chan da Pólvora, coa tradución a cargo do poeta Jesús Castro Yáñez. 
A obra destaca polos seguintes aspectos esenciais:
  • Reimaxinación clásica:Carson reinterpreta a Gerioneida, un poema fragmentario do autor grego clásico Estesícoro
  • O mito orixinal: O mito clásico narra como o heroe Heracles mata a Xerión, un monstro vermello e alado, para roubarlle o gando.
  • A volta de torca: A autora transforma a Xerión nun adolescente homosexual e alado que ten que lidar cos traumas e complexidades do mundo moderno.
  • Formato híbrido: Mestura de forma Maxistral a poesía e a narrativa, creando un xénero fluído e profundamente orixinal. 

En Autobiografía do Vermello, Anne Carson reimaxina a trama do poema fragmentario Gerioneida, do autor grego Estesícoro, que narra o episodio da vida de Heracles onde mata o monstro vermello e alado coñecido como Xerión para roubarlle o gando.

Concibida por Carson como unha novela en verso, nela, a autorta imaxina a Xerión como un adolescente homosexual alado que vive na época actual e que se namora dun neno rebelde chamado Heracles, nunha historia de desamor marcada polos corazóns rotos dsa paixón non correspondida.

A obra, que lle valeu á poeta canadesa a fama mundial, aparece con tradución de Jesús Castro Yáñez. En Paralelo a esta publicación,  o selo Chan da Pólvora puxo nas librarías estes días Outroutro, o novo poemario deste poeta que xa traduciu de Carson Antropoloxía da auga, tamén editada por Chan da Pólvora..

A reprecusión de Autobiografía do Vermello, é grande desde a súa publicación en 1998, ao tempo que orixinou numerosos comentarios:

«Anne Carson é unha escritora audaz, erudita e desacougante. Autobiografía do vermello, que talvez sexa o libro que máis cerca está de representar a magnitude da súa voz e o seu don, é un logro fascinante» (Susan Sontag).

«Totalmente cativador, un testemuño dun uso excepcional da mirada distante en terceira persoa para retratar a intimidade da infancia» [Ocean Vuong).

«Autobiografía do Vermello é moitas cousas: un poema, unha novela, un romance, un ensaio de tradución, un álbum de fotografías imposibles. Pero sobre todo é un canto de amor á vulnerabilidade do monstro que habita en todos nós. Neste exercicio de imaxinación radical, Anne Carson consegue insuflar unha nova vida aos poucos fragmentos que quedaron do Xerión de Estesícoro para levarnos de excursión con el ata o interior dalgúns dos volcáns máis enigmáticos da existencia: a identidade, o desexo, a memoria. Talvez polo camiño desta viaxe por terra e aire a través dos anos atopemos unha imaxe capaz de revelar de que está feito o tempo». (María Heena Higueruelo)

«Carson non usa unha linguaxe elegante: no seu ton fáctico, así como no seu afán por dar coas palabras que comuniquen a experiencia humana coa maior intensidade, hai un entendemento punzante. Parte da súa orixinalidade reside en que non intenta ser orixinal; tan só non lle interesa facer algo que non sexa completamente novo» (Ruth Padel).

CRÍTICA ESPECIALIZADA
A crítica especializada internacional e galega coincide en sinalar que Autobiografía do Vermello é unha das obras máis revolucionarias, influíntes e aplaudidas da literatura contemporánea, consolidando de xeito definitivo o prestixio de Anne Carson antes de recibir o Premio Nobel.
[1, 2]
Os grandes eixes sobre os que vira o entusiasmo da crítica inclúen os seguintes puntos:
  • Unha hibridación de xéneros radical: Os estudosos destacan como o libro rompe as fronteiras tradicionais entre poesía, narrativa, ensaio e tradución. A crítica define a peza como un obxecto literario mutante ou un "artefacto híbrido" onde a estrutura narrativa dunha novela se sostén sobre a potencia lírica do verso libre. 
  • A demolición e reescritura do mito clásico: Autores e académicos gaban a capacidade de Carson (profesora de filoloxía clásica) para coller os fragmentos perdidos do poeta grego Estesícoro e facer unha "contralectura" da historia. En lugar de centrarse no heroe triunfador (Heracles), a crítica aplaude que dea voz e humanidade ao monstro derrotado (Xerión). 
  • O "monstro" como espello da vulnerabilidade queer: Escritores de renome como Ocean Vuong describiron a obra como unha radiografía fascinante e íntima da infancia e do desexo. A crítica especializada sinala que as ás vermellas de Xerión son unha metáfora perfecta da diferenza, o illamento, o trauma do abuso e o descubrimento da homosexualidade na adolescencia. 
  • Ewanxelio para non lectores de poesía: Recensións en medios como The Guardian ou The New York Times subliñan un fenómeno curioso: a pesar da súa inmensa erudición, é un libro accesible, magnético e profundamente emocionante que logrou atraer en masa a lectores que habitualmente non consomen poesía. 
  • O uso do humor e da ironía: Aínda que a historia de desamor é devastadora, ensaios en portais como  Literary Hub lembran que a obra está inzada dun humor intelixente, irreverente e case paródico, especialmente nos seus prólogos e apéndices falsamente académicos. 

A AUTORA
Anne Carson gústalle que nas notas biográficas dos seus libros aparezan unicamente dous datos: que naceu no Canadá e que gaña a vida ensinando grego antigo.

A súa traxectoria, porén, agacha fitos importantes. En 1992, aos 42 anos, publicou o seu primeiro poemario Short Talks. ao que lle seguiron dous títulos nos que, segundo a crítica, “desdebuxa a distancia entre narración, poesía e ensaio” un deles era A antropoloxía da auga (publicado por Chan da Pólvora) e o outro a Autobiografía do vermello.

No ano 2001 publicou A beleza del marido, talvez o seu libro máis coñecido, que lle valeu o Premio T. S. Eliot de poesía, concedido por primeira vez a unha muller. En 2020 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Letras. O xurado destacou “a súa capacidade para construír unha poética anovadora a partir do estudo do mundo grecolatino” e que acadou “unas cotas de intensidade e solvencia intelectual que a sitúan entre os escritores máis destacados do presente”.

____

Editorial: Chan da Polvora 04-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 75
POESÍA