Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AMATERASU

€17,00
ISBN 9788412492927

Amaterasu como experiencia poética e intertextual

Se o aiku como forma poética sufriu unha decadencia notábel no s. XIX, un poe- ta como Shikki recuperou esta forma tradicional co cultivo de poemas longos e ampla liberdade formal e temática, así como a creación de imaxes poéticas moi distantes do imaxinario estético xaponés. E foi sobre 1905, nun momento difícil cal foi a apertura do Xapón ás formas da cultura occidental, cando, desde a achega ás formas occidentais e á novela rusa, a influencia desta literatura se fixo relevante coa introdución dun léxico anovador e o cambio de formas métricas.

Entre as antoloxías de aikus que podemos frecuentar, algunha recolle unha carta de Shikki aos compositores de tankas, de 1898, na que desde un afán renovador, o poeta recomenda a moderación e a sobriedade, baseando a expresión na suxerencia para non desvelar por completo. Algo que sabemos desde a pintura impresionista.

Na nosa época, neste tempo en que a información chega máis que nada a través da gran rede, podemos observar a expansión e influencia do aiku, que goza hoxe dun notábel interés como experiencia poética e artística. Son numerosas as páxi- nas, os blogs, adicadas a esta poesía, ben aportando información teórica, estética e temática, ben ofrecendo antoloxías de poetas, ben mostrando ilustracións antigas e modernas. Podemos falar dunha pequena galaxia-aiku? Sabemos da súa actua- lidade e de como as poetas modernas cultivan este tipo de poesía, con grande variedade mais co afán de non se alonxar moito da forma máis tradicional.

____

Editorial: Arenas 2022
Idioma: Castellano