Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A POUSA DA LIBÉLULA

€14,90
ISBN 9788419438997

A grandiosidade e fermosura da natureza, contemplada devagar a través das estacións anuais, constitúen o ámbito propicio para a reflexión, matizada pola gradación da luz co pasar das horas ou o luar, a impoñente presenza do mar -e, en menor medida, dos ríos- xunto cunha fauna e flora características (caramuxos, pegas, ameneiros, vide, azucenas, toxos, mirto etc.). Así, a libélula convértese nun símbolo tanto do mundo natural como da vida humana e os seus avatares; os temas prioritarios son o paraíso perdido da infancia, o medo, o soño, a soidade, o amor e a morte. Tamén se introducen testemuños dunha sociedade incapaz de remediar a mendicidade, a praga dos incendios ou a guerra. Os haikus d'A pousa da libélula, en fin, enfatizan o contraste entre a constante renovación fronte á brevidade da vida. Traducidos ao xaponés, compleméntanse cos gravados ukiyo-e, ponderando a beleza do efémero.

____

Editorial: Medulia 04-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • POR PUNTOS

    POR PUNTOS

    Manuel Portas
    €18,70

    A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. Premio Blanco Amor 2018O curso para a ...

    Ver todos os detalles
  • VIGO, PURO MILAGRE

    VIGO, PURO MILAGRE

    Manuel Bragado
    €17,50

    Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como...

    Ver todos os detalles
  • FAÍSCAS

    XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE
    €11,95

    Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e i...

    Ver todos os detalles
  • A VIXILIA DO BOSQUE

    DIEGO COUSILLAS NOVO
    €14,00

    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos d...

    Ver todos os detalles
  • ENYD E O BOSQUE ESQUECIDO

    María Quintana Silva
    €15,90

    A pequena Enyd vive nas profundidades do bosque. Unha mañá, os seus veciños os animais, cansados de todas as porcalladas que chegan desde a cidade,...

    Ver todos os detalles