
Unha forza incomprensible fai que se sinta profundamente atraída polo retrato de mamá Adela quen custodia os vellos tesouros familiares entre os que se atopan unhas follas amarelentas que o tempo tornou fráxiles e crebadizas, pero que están cheas de vida, de vellas historias dunha época pasada.
Celia decide aceptar a proposta da súa amiga de organizar os retallos de vida de mamá Adela, unha muller cuxo destino se entretece dun xeito misterioso co seu propio.
A muller de ollos mouros e intensos non é soamente a historia de Adela. É a historia de varias mulleres que, a pesares de pertencer a mundos diferentes e a distintas épocas, loitan, na medida das súas posibilidades, por acadar o seu lugar no mundo cun idéntico obxectivo vital: a procura da felicidade. Se é que esta existe.
____
Editorial: Medulia 09- 2024
Idioma: Galego