Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MAR, AMAR

€19,00
ISBN 9788419219008

Xosé Luna ten corazón de nauta . Nos seus veros navega os sete mares co leme dos sentimentos , aproando sempre nas emocións , nas lembranzas , nas ilusións . Porque a mar é a vida e os ronseis de palabras son a xerfa dos días de luz e de mourén , unha música de ondas que agroma nos baixíos do mar . Quen singre as páxinas deste libro descubrirá rías , illas e cons , mais tamén a lúa reverberando no mar , arquipélagos paradisos , apertas oceánicas e gamelas azuis que atravesan a noite . É a ardora dos afectos , unha liña do horizonte que escintila esperanza , albas de sereas polos areais de tenrura . A mar , amar . Agarimar a mar . A mar , nimbar.

____

Editorial: Bolanda 2022
Idioma: Galego