Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A GUERRA

€12,00
ISBN 9788494030222
A Guerra nace do día a día. Na orixe, unha serie de correos electrónicos cruzados entre Daniel Salgado e María do Cebreiro, cartas nas que van aparecendo versos e letras de cancións, noticias e fragmentos de conversas. O libro vaise armando contra o tempo, vaise facendo resistente e dalgún xeito vaise construíndo só. Logo chega a montaxe. Trátase de respectar o cerne da súa natureza política: o diálogo. Pero non é o diálogo do artificio teatral, baseado en preguntas e en respostas, senón un diálogo en certa medida infinito no que unhas preguntas se van ensarillando noutras. A dialéctica entendida como a explicaba Brecht no seu Diálogos de refuxiados: todo está en calma e no minuto seguinte pode estoupar o gran sobresalto. Sen resposta aparente, os versos véñense confundir co tempo escuro da época. Resoan nese clima que os medios chaman crise e que os poemas nomean como un tempo de guerra.

____

Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego