Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A FALSA AUTÓNOMA

€13,50
ISBN 9788411105996

Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun campo cultural tan inzado de clarescuros. Unha voz, quer sarcástica, quer autocrítica, desesperada ou rabiosa, profundamente política, pon o foco na maquinaria á vez insaciable e degradante do capital, deixando ver que o mandato económico é, á fin e ao cabo, un mandato de miseria.

_____

Editorial: Xerais 02-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 96
POESÍA