Constitúe o prato forte da nova entrega dun proxecto que se iniciou no verán de 2012, Iacobus Absconditus Peregrinorum. Guía secreta viaxa por primeira vez cos ollos do peregrino do Camiño de Santiago pola cidade. Unha pegada en gran medida oculta polo tempo. Propón seguila pola Catedral, os antigos hospitais de peregrinos, as igrexas e as rúas máis xacobeas da cidade.
____