Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RECEITAS PARA ENCHER O PEITO

€20,80
ISBN 9788411760294

Este é un libro para xente de bo comer, xente que non pode esquecer os sabores da súa infancia, nin aqueles pratos que xuntaban a toda a familia arredor dunha mesa. É un libro que recende a afumados, a caldeirada, a mar e a campo, onde se loa o produto por riba de todo, “o noso produto”, pero tamén unha cociña  para saber aproveitar.

Xoanqui Ameixeiras quere transmitirnos e compartir o seu amor polo bo comer, que vén desde A Marola, aquela taberna da súa nai en Fene; unha cociña de tradición e de sabores de sempre. Unha cociña que está ben boa!

Xoaqui Ameixeiras

(Fene, 1971). Pasou a infancia na Revolta e no Cádavo (Fene), a adolescencia en Caranza (Ferrol) e a madurez en Vilagarcía de Arousa; pero sempre ten un pé, e parte do seu corazón, na parroquia de Centroña, no Concello de Pontedeume.
A cociña do mesón A Marola, en Fene, propiedade dos seus pais, foron os inicios, sendo un neno, da súa paixón pola cociña. A partir de aí cursos, formación e traballos en moitas cociñas e salas levaron a que nunca colgase o mandil.  
Traballou como cociñeiro e presentador na TVG en máis de 470 programas de cociña, e como cociñeiro en A Cociñeta e Desafío nos fogóns, ademais de colaborar noutros como A voltas co prato, Quen anda aí, Come na comarca, A Revista e Luar, e na radio en Comer e Falar, da Radio Galega primeiro e en Si Radio despois. 

____

Editorial: Galaxia 05-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 176
Col: Cociña 17