
A ARTE ESTÁ FEITA DUNHA MATERIA INCERTA E FRAGMENTARIA: UNHA PARTICULAR APROXIMACIÓN Á PRÁCTICA ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada "A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria". Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.
____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Galego