UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR
Prezo orixinal
€48,00
Prezo actual
€45,60
ISBN 9788497498920
704 cantigas de amor galego-portuguesas.
Primeiro volume da serie Universo Cantigas, que recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto (crítico) de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, para alén da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas..
A obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade.
Este traballo foi levado a cabo polos docentes da UDC e investigadores do Grupo ILLA (Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega) Manuel Ferreiro Fernández e Leticia Eirín García, así como por Mariña Arbor Aldea, da Universidade de Santiago de Compostela; e Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo; baixo a coordinación de Ferreiro, e recolle por vez primeira a edición crítica das 704 cantigas de amor transmitidas polos principais cancioneiros medievais: o da Ajuda, o da Biblioteca Nacional e o da Vaticana.
____
Editorial: UN. da Coruña 04- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 911
CANTIGAS MEDIEVAIS
MÚSICA
MÚSICA POPULAR
POESÍA
CANTIGAS DE AMOR
GALEGO-PORTUGUESAS