Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TESTAMENTO

€20,00
ISBN 9788419040107

 

A decisión de abandonar Madrid para sempre presentóuseme en forma de epifanía unha mañá de inverno, mediados os anos noventa do século pasado. 1995, creo. Mes de marzo, probablemente. A iso das 8:45. Estación de Barrio de La Concepción. Liña 7. Cor laranxa. Chovía. Que xa é mala hostia que chova en Madrid. Quen sabe, se non chovese aquel día pode que nunca acabase aquí. Pode que as cousas fosen ben distintas para todos. Pero aquela mañá de hai case que vinte anos Marcos aínda non nacera, e non había ninguén ao seu cargo para evitar que chovese. 

Pablo Fernández Barba (Madrid, 1976) é profesor de Física e Química en Noia dende hai case vinte anos. Por un proceso de osmose inversa, mudou a súa lingua de expresión oral polo galego, pero pasou de freada e rematou por abrazala tamén como vehículo de expresión literaria. En 2016 publicou a súa primeira novela, Transición, pola que levou o premio Vicente Risco, algúns cartos e un bo feixe de paus, aínda que ninguén lle dixo que non soubese escribir. Malia todo, en 2020 Edicións Morgante publicoulle a novela O día que lle puxen lume á libraría de vello.

 

____

Editorial: Morgante 05- 2023

Idioma: Galego