Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SEM GRANA E SEM FRESCURA

€25,00
ISBN 9788419040114

 

Sem grana e sem frescura é unha novela de viaxe baseada nun periplo da autora, que atravesou o Brasil de sur a norte ao longo de oito meses facendo autostop. O título é unha frase de difícil tradución que define o xeito no que viaxaba: sen apenas cartos e adaptándose ás situacións precarias, e ás veces incómodas, que iso implicaba. 

A historia de Estela chega ao lector a través da visión de Jannick Gutmann, un novelista alemán que a coñecerá no avión de regreso a Europa e que ficará, dende o comezo, fascinado con ela. A viaxe de Estela non é só un itinerario por dezaseis estados do Brasil, senón que é, tamén, un percorrido existencial, no que vive diferentes experiencias transcendentais, algunhas fermosas, outras arrepiantes. 

 Constance Hurlé (Vigo, 1990) estudou un máster en investigación en teatro porque quería pescudar sobre as artes escénicas como ferramenta para a construción do self. Fixo unha tese de licenciatura con esta temática e abandonou a academia.

Licenciouse en filoloxía clásica porque quería entender o ser humano: como se constrúe a mente e a palabra. Quedou coa palabra e agora fai poesía que leva á escena mediante performances ou obras de teatrodanza coa súa compañía Constance Hurlé.

É unha adicta á aprendizaxe. Ama a música, adora o jazz e baila swing ata caer morta. Dedícase á arte e sobrevive dando clases. Se tivese que definirse cunha palabra sería paixón

____

Editorial: Morgante 07- 2023

Idioma: Galego