Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CRIME EN COMPOSTELA

€13,95
ISBN 9788411103268

Crime en Compostela, galardonada co I Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia.

Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.

____

Editorial: Xerais 04-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 272
LITERARIA PETO
NOVELA NEGRA

 

También te podría interesar...

  • A VINGANZA DO DEFUNTO

    A VINGANZA DO DEFUNTO

    Librería Abrente
    €19,00

    Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencia...

    Ver todos os detalles
  • SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO

    Friedrich Glauser
    €14,95

    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo ...

    Ver todos os detalles
  • OS INCURÁBEIS

    OS INCURÁBEIS

    Antonio Tizón
    €18,30

    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha n...

    Ver todos os detalles
  • AMBULANCIA

    De Toro, Suso
    €13,95

    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación...

    Ver todos os detalles
  • NARCOS

    NARCOS

    Carlos G. Reigosa
    €20,00

    O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro –un detective madrigalego, serio, u...

    Ver todos os detalles