Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PESSOA E A SU SOMBRA

€13,00
ISBN 9788412392289
Podería ser certo que un dos poetas sagrados da cultura europea contemporánea tivese sido un impostor? Fernando Pessoa, sen dúbida entre a media ducia de poetas que deixaron a marca maís fonda no século XX, fixo coñecidos ós que el chamaba os seus heterónimos (Alberto Caeiro, Ricardo Reis, Álvaro de Campos, os tres principais entre outros moitos), personalidades imaxinadas ás que atribuíu a autoría dunha parte importante da súa obra. Pero, foron todos eles realmente "personalidades imaxinadas"? Rosa Leiro, unha rapaza na Galicia dos anos oitente, atopa no abandonado despacho do seu tío morto corenta anos antes, poemas escritos e publicados por el e que coinciden cos poemas que Fernando Pessoa atribuíu ó seu heterónimo Álvaro de Campos. Movida por unha curiosidade que non tarda en se converter nunha indesexada obsesión, Rosa Leiro comeza a remexer na vida daquel home morto e esquecido de todos, tirando dun fío que a leva or Galicia e Portugal na busca dos restos das súas pegadas.

____

Editorial: Toxosoutos 2021
Idioma: Galego