Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MEDEA. HERACLES

€18,00
ISBN 9788419795700

Medea chegou a ser unha das traxedias máis valoradas xa non só do seu autor, senón do conxunto da traxedia grega clásica conservada. A día de hoxe, poucos estudos e poucas edicións omiten a etiqueta de “obra mestra” coa que se recoñece a Medea, unha traxedia na que Eurípides exhibe con amplitude o seu talento e os seus recursos como dramaturgo.

Eurípides foi un dos primeiros en conferirlle un protagonismo tráxico total a Medea, princesa meiga da Cólquide e filla do rei Eetes, que axuda a Xasón a conseguir os seus obxectivos e acaba casando con el. Nesta traxedia Eurípides buscou afondar no lado máis humano, visceral e violento do heroísmo tráxico.

En Heracles, Eurípides altera dun xeito significativo a materia mítica da que parte, subvertendo a orde dos acontecementos que era a habitual na tradición oral do mito. Como sucedía en Medea, un dos elementos máis estremecedores do conflito tráxico é un infanticidio, aquí tratado dun xeito probabelmente máis indulxente coa man executora de tal crime.

Eurípides

Eurípides (s. v a. C.) é o último dos tres grandes autores tráxicos gregos. Se ben no seu momento non gozou do recoñecemento unánime que saborearon en vida os seus célebres predecesores na traxedia, Esquilo e Sófocles, Eurípides si foi distinguido a posteriori como un dos autores máis revolucionarios e interesantes do seu xénero e do conxunto da literatura grega antiga. É, ademais, un dos autores do canon literario grego máis influentes, traducidos e comentados na literatura occidental posterior, logrando que as súas pezas tráxicas baseadas no mito se secularizasen e pasasen polas máis diversas lecturas e interpretacións, enriquecendo a súa achega ás letras universais.

____

Editorial: Rinoceronte 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 154
POESÍA

También te podría interesar...

  • ADIVIÑAS MEDIEVAIS DO LIBRO DE EXETER

    Anónimo
    €16,00

    As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un ...

    Ver todos os detalles
  • CONSOLACIÓN A MARCIA. CONSOLACIÓN A HELVIA

    CONSOLACIÓN A MARCIA. CONSOLACIÓN A HELVIA

    Seneca
    €15,00

    A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas: estoica, epicúrea, peripatética, cínica, plat...

    Ver todos os detalles
  • OS ESTADOS E IMPERIOS DO SOL

    OS ESTADOS E IMPERIOS DO SOL

    CYRANO DE BERGERAC
    €15,00

    Os Estados e Imperios da Lúa –xunto con Os Estados e Imperios do Sol– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descr...

    Ver todos os detalles
  • ESCRITOS SOBRE AS MULLERES

    Joan Didion
    €16,00

    O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organ...

    Ver todos os detalles
  • MARXINALIA

    XABIER PAZ
    €24,90

    Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectori...

    Ver todos os detalles