Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIAS NO CAMIÑO

por AA. VV.
€27,00
ISBN 9788412260939

Historias no Camiño é un artefacto que nace dun certamen de relatos que busca por en valor o Camiño de Santiago e que forma parte do proxecto «O teu Xacobeo» da Xunta de Galicia.

A bolsiña que tes entre as mans contén:

– O libro que recolle os doce mellores textos presentados ao certame, acompañados da arte de doce de novos artistas gráficos de Galiza que interpretan eses relatos, de catro mapas de catro dos Camiños e dunha pequena guía de Compos Tours para percorrer unha Compostela máis alá da Catedral e do París-Dakar.

– E uns agasallos sorpresa de moita utilidade para calquera persoa que teña pensado facer a peregrinación a Santiago.

Relación dos relatos e das ilustracións:

Os fillos pequenos. Escrito por María Jesús González Rodríguez e ilustrado por Natalia Umpiérrez.

Antes. Escrito por Eduardo Rodríguez Saiz e ilustrado por Laura Cochón.

As criadas dos hospedaxes. Escrito por Mª Cristina Rey Vázquez e ilustrado por Iria Fafián.

As rutas meigas do inverno. Escrito por Paula Palacios García e ilustrado por Brais Rodríguez.

Caderno de pedras. Escrito por Beatriz Dourado e ilustrado por Nuria Figueiredo.

Castigo divino. Escrito por Laura Novelle López e ilustrado por Greta Debelius.

Oceános de area. Escrito por Marcos Dios Almeida e ilustrado por Chica Atomika.

Polisemia. Escrito por Isabel M. Portela e ilustrado por Nico Ben.

Record do mundo en abrir iogures e o eterno estudante. Escrito por Angel Alonso e Fany Pérez e ilustrado por David Fidalgo Omil.

Secunda inventio. Escrito por Daniel Pereira Fernández e ilustrado por Óscar Raña.

Tan preto da eternidade. Escrito por Mario Paz González e ilustrado por Alejandro Gaudino.

Da marca do lume. Escrito por Eilún del Pazo Moa e ilustrado por Cynthia Alfonso.

____

Editorial: ELVIRA 2021

Idioma: Gallego