Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EMMA

€28,00
ISBN 9788416884728
Especialmente anotada e prologada para o público xuvenil.
Emma Woodhouse é unha mestra xuntando medias laranxas… ou iso pensa ela. Nada lle gusta máis que entremeterse na vida dos demais, aínda que non o fai con mala intención: o único que quere é axudarlles a atopar o amor verdadeiro. Pero as súas boas ideas só darán lugar a unha serie de equívocos divertidos.  Unha deliciosa comedia romántica publicada moito antes de que se inventase o xénero, e que agora presentamos nunha edición anotada especialmente para o público xuvenil actual.

Introdución e notas de Ana Bulnes Fraga, Raquel Campos Pico e María Ramos Domínguez
Traducido por Moises Barcia
Jane Austen (Steventon,  1775 – Winchester, 1817)
É unha das novelistas máis lidas e con maior infuencia do século XIX.  Procedente dunha ampla familia da pequena burguesía rural inglesa, Austen nunca chegou a casar, polo que un dos seus irmáns tivo que negociar a edición dos seus libros nunha época na que as mulleres non tiñan potestade para asinar contratos. O ton irónico e a dependencia que a muller tiña do matrimonio para asegurar a súa posición social e económica caracterizan as súas novelas máis famosas: Sentido e sensibilidade (1811), Orgullo e prexuízo (1813), Emma (1815) e Persuasión (1818).

____

Editorial: Rinoceronte 09-2023
Idioma: Galego