Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO

€17,95
ISBN 9788411100915

En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores.En «Cando os lobos escoitaban a radio» Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora.

____

Editorial: Xerais 2022
Idioma: Galego