Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANDO LEVANTEN AS BRÉTEMAS

€16,00
ISBN WP4128
Trátase dunha narración honesta que, mediante a combinación de diálogos simples e pasaxes descarnadas, reflicte as vivencias de varios personaxes (en especial do protagonista, Jakov Serdar) durante o cruento conflito de Bosnia

Cando levanten as brétemas é unha das novelas de maior transcendencia da literatura croata contemporánea. No momento da súa publicación en lingua orixinal, no ano 2000, foi moi ben recibida pola crítica e o lectorado. O dito feito permitiulle ao seu autor iniciar unha carreira profesional como escritor, e á obra, espertar o interese internacional e contar con traducións ao alemán e inglés. Trátase dunha narración honesta que, mediante a combinación de diálogos simples e pasaxes descarnadas, reflicte as vivencias de varios personaxes (en especial do protagonista, Jakov Serdar) durante o cruento conflito de Bosnia; Mlakić achega unha visión persoal da contenda, pois escapa dos modelos clásicos da novela bélica para abrazar un ton case autobiográfico.
De maneira retrospectiva, coa nebulosa que adoito envolve as lembranzas, dá conta dos sucesos, sensacións e viraxes dos diversos actores que tomaron parte na guerra iniciada tras a disolución de Iugoslavia e que, ao cabo, desembocaría na creación da República de Bosnia e Hercegovina, predecesora do estado moderno homónimo.

____