No casco do barco resaltaban unhas letras pintadas. Era un nome ben estraño, unha palabra que ela descoñecía. Nin sequera sabía moi ben como se debía ler. Dicía Winnipeg e era o nome do barco.
Víchelo, Miranda? díxolle Teresa? Este é o barco que nos vai levar a Chile, ese país tan apartado, chámase Winnipeg. Gústache?
Miranda asentiu coa cabeza e por vez primeira desde había moitas horas sorriu con esperanza.
____
Editorial: La mar de fàcil 06-2022
Idioma: Galego