Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AQUELA PRAIA DOS HAMPTONS

€16,00
ISBN 9788419213112

"Tanto me angustiaba aceptar como non aceptar, porque
a angustia non a causa o que un elixe, como ben dicía
Kierkegaard, senón ser consciente de que un ten a liberdade
de decidir, de que un está condenado a elixir, pensei
para consolarme, aínda que Kierkegaard dixo iso
cunhas boas medias de la.
A recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo
polas praias dos Hamptons levouno a coincidir con Merton,
un exitoso produtor de televisión a quen coñece dende hai
tempo. Este encontro converteuse nunha oportunidade
para revitalizar a súa carreira como guionista, pero o único que
parece obsesionalo é un burato no seu calcetín dereito.
Cun humor mordaz e unha divertida prosa narrada en primeira
persoa, “Aquela praia dos Hamptons” é unha novela breve
que remite á intriga, á elegancia e ao enxeño de autores
como John Updike, Anne Tyler ou Eduardo Mendoza."

____

Editorial: Kalandraka 2022
Idioma: Galego / Castellano