Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A VIAXE DAS ANDURIÑAS

por AA. VV.
€14,00
ISBN 9788412340969

“Os emigrantes renunciamos a todo, á nosa vida, á nosa historia, á nosa cultura, mesmo á nosa familia… E para que? Para seguir sempre sendo forza de traballo da que abusar e á quen negarlle dereitos… O caso é que, ó chegar, aprendemos a adaptarnos, a buscar as oportunidades debaixo das pedras, pero nesa busca, aínda para o caso de que cheguemos a trunfar en maior ou menos medida, sempre renunciamos a mais do que gañamos porque rachamos co propio medio, crebamos a propia personalidade, mudamos a propia cultura…”. Mariloli aprendeu esta lección na Suiza igual que antes a aprenderan outras e outros na América, na Francia, en Bilbao ou en tantos e tantos sitios ós que migraron. Adamarli aprndeu, ademais, que o soño europeo podía ser un pesadelo cruel. As dúas aprenderon que a emigración, en calquera das súas formas, e sempre consecuencia dun mundo inxusto e dun sistema opresor que trata ás persoas como mercadorías desvalorizadas. Nese momento pode ser que topes ca solidaridade de alguén… ou pode ser que, directamente, afundas.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Galego