Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS AIRES DE MEIRAOS

€17,95
ISBN 9788419197740

Nesta obra o seu autor fai un percorrido polos recunchos esquecidos da súa aldea natal. Pequenas cousas que non se trataran en obras pretéritas.
A historia dun lugar é a historia dos seus ventos. Eses que zoan dun lugar determinado e que os habitantes coñecen dende sempre e teñen ben aprendido as consecuencias tanto positivas como negativas que poden acarrexar...

Santa María de Meiraos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes, deles 62 eran mulleres e 61 eran homes, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

Jesús Alfonso Parada Jato é natural de Meiraos-O Caurel (Lugo) cursou estudos de Historia na UNED, amais de ser Diplomado en Traballo Social pola UNED.
É autor de dúas obras de ensaio e doce de poesía (unha delas en castelán) amais de participar noutras seis obras colectivas de poesía.
É colaborador habitual da Revista Lucense de Creación Poética ( Xistral) editada polo Concello de Lugo.
Acadou premios de relato curto, poesía e pintura.

____

Editorial: Avant  7- 2022
Idioma: Galego