Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARÍA CASARES FRONTE AO ESPELLO

€19,50
ISBN 9788411101448

María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa biografía, da súa evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio. Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, María Casares atopou no teatro unha patria eterna e universal. A importancia do seu legado artístico e filosófico é sobresaliente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época e nunha auténtica icona para a intelectualidade republicana e galeguista exiliada en Latinoamérica. 1990.

____

Editorial: Xerais 09-2022
Idioma: Galego