Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CRECER CO MAR: OS GOZOS E AS SOMBRAS DUNHA VILA MARIÑEIRA

€20,00
ISBN 9788445353462

Guía ilustrada da exposición temporal con texto explitativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.

A industria conserveira foi a actividade que definiu a configuración histórica de Bueu. Na enseada de Bueu a explotación dos produtos do mar non sempre xogou un papel determinante. Durante os primeiros séculos da nosa era desenvólvese aquí un centro industrial e portuario vinculado coa transformación de peixe e a produción e comercialización de ánforas. Despois da caída do Imperio romano este núcleo de poboación abandona a franxa costeira. A recuperación plena da actividade pesqueira e a industria conserveira non se producirá ata o século XIX.
A empresa creada pola familia Massó é un claro exemplo do desenvolvemento que experimentou o litoral galego neste período. Será a responsable de que Bueu ocupe no século XX un posto relevante no sector da conserva de peixe. Ademais foi o factor que desencadeou unha fase de desenvolvemento sen precedentes. Hoxe é o legado cultural desta saga de empresarios o que a sitúa nun lugar preeminente.

Lamentablemente, os testemuños históricos que definiron a súa configuración como vila mariñeira e como un importante centro conserveiro foron destruídos nun tempo récord, desde o inicio de século ata a actualidade.

____

Editorial: Xunta de Galicia

Idioma: Galego