Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LIÑA DA VIDA

€16,00
ISBN 9788412686388

 

Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da Pólvora, convértese no seu máis esperado regreso. O libro preséntase o vindeiro día 29 de novembro, a partir das sete da tarde, na libraría Wells de Cangas, coa presenza de Luís López Alonso e Antón Lopo, director da editora. Sen dúbida, A liña da vida non defraudará aos abondosos seguidores deste autor, considerado unha das figuras centrais da poesía galega das últimas décadas.

 

Os poemas que compoñen A liña da vida pronuncian unha nova voz de Xosé María Álvarez Cáccamo, a expresión dunha tonalidade clara que recolle as vivencias do corpo en tempo de inverno, as da idade próxima aos arrabaldos da vellez, condición asumida desde a “austera disciplina da melancolía” pero aínda instalada na emoción do asombro e da expectativa. Ambas posicións dirixen tamén o testemuño da existencia colectiva, a desesperanza e o soño da revolta e da xustiza universal.

Pecha o libro un conxunto de poemas conducidos pola conciencia da morte e a evocación das figuras próximas de amigos e familiares definitivamente ausentes. Con A liña da vida, Xosé María Álvarez Cáccamo rompe un silencio de nove anos desde a publicación do seu último libro de autoría individual dirixido ao lectorado adulto, Tempo de cristal e sombras (2014). Ao mesmo tempo, converte ao autor nun dos nomes frecuentes no catálogo de Chan da Pólvora, onde publicou a plaquette Berta –en lembranza á súa irmá–, o libro de poesía para crianzas Tinta de luz –precisamente con imaxes de Berta Cáccamo e distinguido coa súa inclusión no catálogo mundial do IBBY– e o ensaio sobre a propia pintora no volume Enteiramente pintado.

 

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) está considerado unha das figuras centrais da poesía galega das últimas décadas. Ademais e poeta é crítico literario, narrador, dramaturgo, autor de libros para crianzas e artista de engaiolantes poemas obxecto e visuais. Desde que publicou en 1983 o seu primeiro libro, Praia das furnas, puxo nas librarías títulos xa inesquecibles como Os documentos da sombra (1986), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997) ou A boca da galerna (2011). Memoria de poeta (2006) é o título da súa autobiografía. Tempo do pai (2008) recolle a evocación da vida do seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez. As súas colaboracións de crítica literaria foron compiladas no libro Espazos do poema (2009). As súas máis recentes publicacións son o libro de poesía infantil Tinta de luz (2017), que figura no IBBY Honour List, e o poema Berta, editado como plaquette en 2019. Publicou tamén varios libros de poesía discursiva e visual en colaboración con Baldo Ramos.

____

Editorial: Chan da Pólvora 09- 2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • A POESÍA DAS DIVERSIDADES

    Raña, Román
    €20,00

    (Os poemarios que lemos en 2020). Román Raña encargouse de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega. O ...

    Ver todos os detalles
  • A LENTITUDE

    María do Cebreiro
    €16,00

     “A lentitude”, reivindicación de María do Cebreiro fronte ás presas da presión social.O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014...

    Ver todos os detalles
  • LIBRO DAS COLUNAS

    Luisa Villalta
    €16,00

    LIMIAR DE XOSÉ ENRIQUE ACUÑA Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do seman...

    Ver todos os detalles
  • OS LIBROS QUE HAI EN MIN

    Enmma Pedreira
    €16,50

    Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras a...

    Ver todos os detalles