![A VIDA NA GRECIA CLÁSICA](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/XG00344401_200x286.jpg?v=1650271938)
A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos. Neste libro aprenderás como era o seu día a día, as súas escolas, que comían e bebían, como vestían, como se entretiñan... E, se cadra, verás que non eran tan diferentes a nós.
____
Editorial: Xerais 2022Idioma: Galego