Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A POESÍA DAS DIVERSIDADES

€20,00
ISBN 9788412771114

(Os poemarios que lemos en 2020).

Román Raña encargouse de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega. O proxecto, que quedou conxelado polas circunstancias da pandemia, recuperámolo agora e, ademais, dámoslle ao traballo a forma de libro e non unicamente de edición dixital. As características da entrega realizada por Román Raña non son para menos: o autor e crítico non só se enfronta a unha visión global do panorama poético e antologa os libros que máis lle interesaron dos aparecidos en 2020, senón que engade unha análise singular de cada un dos títulos seleccionados. O resultado é unha proposta ampla e riquísima onde se subliña o avance da diversidade na esculca da linguae poética, de ai o título A poesía das diversidades (Os poemas que lemos en 2020). Libros coma este, de crítica literaria e tamén de difusión, supoñen unha achega crucial para a literatura.

2020 foi o ano que cambiou as nosas vidas e, en certo modo, o que tamén cambiou as formas culturais do mundo. Román Raña achégase a ese meridiano e faino a través dos libros de poesía publicados en Galicia ese ano. “O 2020, nos seus díxitos, albergaba unha advertencia. Dous números (2, 0) dúas veces repetidos; dúas cifras (20, 20) dúas veces reiteradas; unha secuencia (2-0, 2-0) dúas veces repetida. Desde unha perspectiva cabalística só podía anunciar funestos presaxios”, escribe Román Raña no limiar deste libro que se une aos anuarios publicados por Chan da Pólvora. Para o poeta e crítico vigués a diver- sidade foi a gran protagonista da poesía do período, cunha “magnífica efervescencia creadora” que vincula á convi- vencia de varias xeracións literarias aínda plenamente en activo.

Quen se achegue a esta antoloxía, atopará poemas de Álvarez Torneiro, Antón Reixa, Carlos Lema, Carlos da Aira, Ana Romaní, Paula Luís, Antón Lopo, Xavier Seoane, Xosé Maria Álvarez Cáccamo, Vítor Vaqueiro, Carlos Negro, Ana María Barral, Isaac Xubín, Oriana Méndez ou Antón Blanco Casás.

Román Raña Lama (Vigo, 1960) publica aos vinte anos o seu primeiro libro, Retrato da sombra en outono, ao que seguirán títulos como Da muda primavera (1988) ou Incendio das palabras (2009), nunha traxectoria que explora a perplexidade de vivir e escribir. Como ensaísta publicou A vixilia no Gólgota infinito, unha reflexión sobre a poesía de Aqui- lino Iglesia Alvariño. Tamén editou De catro a catro de Manuel Antonio, Mesteres de Arcadio López Casanova, Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro e a poesía toda de Xosé Carlos Gómez Alfaro. Como narrador deu ao prelo O crime da rúa da Moeda Vella (1989). Ama todas as mitoloxías e especialmente a música, que –como el asegura, “nos dilúe no tempo”.

____

Editorial: Chan da Pólvora 02- 2024
Idioma: Galego