Agora regresan, presentan o disco “Poetas populares de Cangas -con textos de José Santos Rodríguez, “Pepe Poeta”, e Serafín Graña-
O traballo -con producción, dirección e arranxos de Pablo Costas- sae á luz o para darlle voz “ás palabras dos nosos cantores de rúa, que tanto nos axudaron para vivir en tempos difíciles”, e que se converteron en “cronistas do tempo que lles tocou vivir”. As sardiñas pingan no pan, La cola, Areacova a noite, A Capela do Hospital, Tebras da noite en Rodeira, Mala veciña, Adeus a Pichirol, Hipocresía, A Taberna Fatal, Os Chingolos, “Singorellas” de Balea e Outono en Cangasconforman o repertorio do disco, gravado e mesturado por Tribu Digital, en Moaña.
Serafín, “improvisador de versos a calquera hora”, e Pepe Poeta, “un apóstolo do século XX”, regresan nas voces e música de Varalonga. “Velaí van algúns dos vosos versos musicados para que revivades outro pouco nos corazóns dos amigos. Alá ides aos ventos todos, orgullosos das vosas verdades, eternos cantores populares de Cangas”.
*Ub: 0