DIANTE UN ECO (CD), é unha volta aos inicios desde o oficioe a madurez, así como unha reafirmación da estética popular da que se sente amante e debedora.
É o oitavo traballo da cantautora en 11 anos, un disco cuxo son é especialmente fresco e alegre e no que pinta con moita lucidez a realidade e a deriva sociopolítica que vivimos.
Co seu habitual discurso valente, innovador, contundente e directo, a cantautora refírese con este título á concepción cíclica da historia, apoiada tristemente pola deriva sociopolítica dos nosos días, segundo explica ela mesma.
_____
*Ub: 3