TEMAS
Cara A
Zugunruhe
Dezembro 99
Airun
Cameros
Cara B
Alvejar
Añada ( Trad. Astúrias )
78 ( Afonso X )
Ben-vinda á adolescencia
Komorebi
Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed é, ante todo, un artista cunha interpretación conmovedora capaz de irradiar unha beleza reflexiva, alguén que creou un mundo sonoro rico e propio. Un son que se funda na herdanza do jazz de autor, a world music, a música contemporánea e a cinematográfica. Sanmamed, que pasa por un período especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, presenta neste 2023 o seu terceiro álbum de estudo baixo o título de Zugunruhe: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves.
Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia des necesidade de movemento. Sorprende a incorporación do óboe e o
corno inglés do reputado Benxamín Otero ao seu habitual trío de Jazz, conformado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería, para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo. Zugunruhe, un LP de nove pistas editado por aCentral Folque en vinilo, conta cunha coidadísima factura que integra un álbum fotográfico realizado por Eutropio Fernández e textos de Susana S. Arins.
_____
*Ub.: 1