Unha visión da Galicia universal e evocadora, a través da sonoridade do quinteto de vento clásico, tan cheo de suxestións tímbricas coma de percepcións sinestésicas. Deste xeito, No vento ten o aire dos aulos do pasado pero tamén ten cores e ten paisaxes.
No vento, escolma de pezas que percorren varios séculos de música galega. Unha persoal playlist, unha proposta de intencións musicais para o ouvinte que é, á vez, tamén memoria colectiva dun tempo pasado que perdura e que é porvir. Dende Martín Codax a Milladoiro, dende a música popular aos grandes compositores do Rexurdimento. Velaí esta poética musical de Zoar no vento, que vai conformando, ao longo destas dezasete pezas, a banda sonora dun pobo.
Idioma: Gallego

____
Editorial: OuvirmosIdioma: Gallego