Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARCO FOXO – ROMANCES NOVOS E VELLOS

€11,95
ISBN 8424295367112

Desde moi pequeno, o mellor xoguete que tivo Marco foi unha gaita. Pero chegou un momento en que decidiu estudar a fondo o instrumento galego por excelencia e empezou a pasar horas e horas, ás veces até oito diarias, arrincándolle ao punteiro notas imposibles. Así se entende como pode interpretar con tanta pureza, como o fixo en varias catedrais, nada menos que a Ave María, de Schubert. Este verán, no Campionato Celtibérico de Gaitas, celebrado en Manzaneda, Marco Foxo proclamouse novamente Campión Peninsular de Gaiteiros Solistas. E logrou outro primeiro premio no apartado de cuartetos enxebres. Sabemos que pronto se editará un traballo discográfico seu en memoria de Xan Míguez, o soado gaiteiro de Ventosela, que viviu entre 1847 e 1912. Míguez foi un gaiteiro innovador, que chegou a triunfar en teatros de Buenos Aires, aínda que seguramente nunca puido imaxinar que mozos continuadores, como Marco Foxo, chegarían a tocar na Gran Muralla Chinesa, ou deixarían pampos aos gaiteiros escoceses e irlandeses de Nova York na gran parada de San Patricio. O campión de gaiteiros é cada vez máis coñecido no exterior e representou a Galicia no Piping Live Glasgow Festival.

O seu cuarto  traballo discográfico, que leva por título ‘Romances lanuxes e novos’, conta coa participación dunha vintena de músicos entre outros o armenio Emmanuel Hovhannisyan e os iranianos Tina Jamegarmi, Mohsen Sharifian e Habibb Meftah acompañan a Marco Foxo coas gaitas, a percusión e o violín nun disco que contará co valor engadido de recuperar romances medievais recollidos por Xosé Lois Foxo nas montañas ourensás, por Valdeorras, Riós, O Bolo e Ou Courel. O artista tamén contará coa colaboración de Daniel García, Óscar Ibañez, Emilio Rua, Lucia Perez e Xabier Biscaíño.

Inclúe Romance de Doa Ildara, unha cantiga medieval recollida na zona de Ou Courel para cuxa interpretación se empregaron instrumentos como organistrum, zanfona, violín, frauta barroca e pandeiro.

Temas

01 – Romance de Gerinaldo

02 – Adelina

03 – Romance de Dona Ildara

04 – Amelia

05 – Romance de Martín García

06 – Rogelio e a moza deshonrada

07 – No bicarelo do bico do brelo

08 – Amor mío. Pastora de Armado. A la luz del cigarro

09 – Coro de emigrados

10 – En el Valle de la Almena


_____
*UB: 4