FESTIVAL INTERCÉLTICO DE MOAÑA.
Unha historia do Intercéltico, unha obra que recolle os as 40 edicións do encontro que se celebra en Moaña (O Morrazo).
A historia do Festival Intercéltico do Morrazo comeza en 1985, por iniciativa dunha Asociación Cultural da vila de Moaña, e leva xa un longo percorrido, tanto que estamos a presenciar a súa XL Edición, cunha traxectoria que alimenta a extensa contribución á riqueza cultural galega.
Trátase dunha publicación da man de Anna R. Figueiredo que xorde da necesidade de preservar o legado inmaterial da cultura desta terra do Morrazo nun documento escrito que deixe memoria do camiño que comezou coa Asociación Semente Nova ata hoxe, cando xa falamos do Festival Intercéltico do Morrazo con toda a proxección internacional que ten conseguido.
Anna Figueiredo
Nada en 1979 en Ourense, cursa os estudios de Física na USC licenciándose coa especialidade de Física de partículas. Posteriormente realiza o doutoramento nesta disciplina no Reino Unido, entre as cidades de Sheffield, Cambridge e Swansea, baixo o amparo da University of Sheffield. No ano 2009 volve a Santiago de Compostela e comeza a traballar como profesora de Ensino Secundario.
No eido literario comeza a súa andaina coa colaboración, como autora de relato, na revista 11M, publicación puntual a favor das vítimas do atentado de Atocha. Colabora con diversos artistas gráficos na revista BOOM e en BD Banda elaborando guións de banda deseñada e publica o relato curto "Filie Samedi" (2011) na revista especializada de cómics e narrativa Ctulhu (Editorial Diábolo). Posteriormente autoedita o libro Contos preliminares con Raquel Archer e comeza a publicar en galego da man de Contos Estraños, incluíndose o seu relato "O fillo do mar" no segundo volume desta publicación (2012). O seu seguinte relato publicado, "Nariz de pemento" será na publicación coordinada por Xosé Duncan (2013).
Resulta gañadora dos certames: Inspiraciencia, na categoría de galego, (2014), Quintal literario (2014), Relato curto ASRCOSTILOS(2014), Conto de terror da Biblioteca Pública Ánxel Casal (2014), Carta de Amor da Biblioteca Pública Ánxel Casal (2015), Relato curto de Mugardos (2015), A.C. O Galo (2015) e o Certame de relato curto de Ames (2022). En 2018 é galardoada na primeira edición do Premio de Viadutos de novela (Concello de Redondela) pola obra Os bicos feridos, publicada ao abeiro da editorial Galaxia en novembro de 2018.
Desde Setembro de 2021 colabora coma articulista na revista de debate e pensamento TEMPOS NOVOS en colaboración co deseñador e artista plástico Diego Seixo (Moaña, 1972).
____
Editorial: Deputación de Pontevedra 07-2024
Idioma: Galego