Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANCIONERO POPULAR GALLEGO 3

€2,90
ISBN 9788473394482

Até á publicación do CPG, pois, e aínda que xa había diversas coleccións de poesía oral (como as de López de la Vega, Casal Lois ou Saco Arce), ninguén tivera a oportunidade de publicar o produto da súa compilación nas circunstancias e coas características con que o levou a cabo Pérez Ballesteros, debido á falta de patrocinio, de interese institucional ou mesmo de apoio económico. O folclorista compostelán non ignora que esta situación de privilexio fai que o seu Cancionero sexa o primeiro dado a lume, como afirma nunha nótula a rodapé, en que cualifica a súa obra como “primer CANCIONERO GALLEGO” (III, 98, n. 1)1 , a pesar de que coñecía, polo menos en parte, o labor doutros eruditos da época dedicados á recollida de textos tradicionais. Os contemporáneos de Pérez Ballesteros non ficaron calados perante a publicación do CPG, pois, segundo indican Alonso Montero (1979: [IV]) e Blanco (1992, I: 108), tivo boa acollida pola crítica nas recensións que lle dedican algúns dos seus coetáneos. Neste sentido, unha das persoas que eloxiou o traballo de Pérez Ballesteros foi Emilia Pardo Bazán.

José Pérez Ballesteros, nacera en Santiago de Compostela no día 30 de xullo 1833, coincidindo co ano en que tamén veu ao mundo Manuel Murguía; morrerá na cidade da Coruña a 30 de outubro de 1918, após se ter dedicado ao estudo do folclore, á composición literaria e mesmo ao ensino, pois chegou a ser director do Instituto da Coruña, onde se fixo cargo, desde 1865, da cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética

____

EDITORIAL: Akal/ Foca 

Idioma: Galego