Brúa é unha banda orixinada na zona vella de Santiago de Compostela e conformada por reputados intérpretes do folk atlántico, valentes que non se deixan intimidar polo contexto e a incerteza, e que poderían facer parte da historia musical do futuro. Os seus integrantes participaron en gravacións e concertos con grandes artistas e bandas folk de primeiro nivel, realizando como banda xiras polo circuito de salas e festivais europeos coma The Cobblestone e The Crane Lane en Irlanda, o Festival Folkez Blai de Biscaia ou o Festival de Ortigueira entre outros, recibindo sempre boas críticas, tanto do público coma dos artistas.
Cara a finais de 2019 comezaron a preparar a gravación do seu primeiro disco homónimo que só agora ve a luz. Nel ofrécennos feroces popurrís instrumentais, así como
evocadoras cancións caracterizadas por un estilo directo e honesto que revela unha longa experiencia en foliadas e sessions, o seu coñecemento do repertorio tradicional e o contacto con outras músicas europeas. O disco debut deste virtuoso quinteto, novo e experimentado a un tempo, contén 10 pistas de musicalidade visceral pero precisa, pensada para conseguir esa atmósfera inigualábel dos seus directos. Basta con renderse á intemporalidade cada nota e deixar que o tempo fuxa.
TEMAS
1 Jota e moinheiras de Poso
2 Xotes de Brántuas
3 Belerda
4 Polcas
5 Mohinheiras de Aldán, Farruco e Antón
6 Mazurcas da Lea e da Ressaca
7 Pasodobbres
8 Corridinhos
9 Maneio de Lema
10 Moinheiras de José Marentes e Morraço
_____
*UB: 1