A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD.
O 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terraé a primeira biografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia. O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbumKosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.

____