As loitas internas que dividiran á nobreza galega, no século XV, entre os partidarios de Pedro I e os de Henrique de Trastámara, e logo entre os de Isable a Católica e os de Xoana a Beltranexa, acabaron con liñaxes de rancio avoengo e propiciaron a fundación de novas estirpes. Nos séculos XVI e XVII, afianzáronse dúas tendencias en Galiza: a alta nobreza emigraba cara á corte, mentres que a pequena nobreza ficaba no país. No reinado de Filipe III, os políticos galegos desempañaron un rolo de primeira orde na corte e na política internacional de España. Na idade Moderna, a nobreza galega pasou de ser rural a ser urbana, e, malia a creación de novos títulos, diminuíu respecto á poboación total de Galiza.
____
Editorial: Toxosoutos
Idioma: Galego