Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OLLOS DE MEL

€15,00
ISBN WP1234
Con música e literatura brillan estes Ollos de mel que a AS-PG achega para o seu uso en centros de ensino e casas particulares, como recurso pedagóxico de música e literatura e tamén para aprender e gozar na casa. Nove cancións nun CD e un DVD .

Ollos de mel é a terceira entrega do grupo Pirilampo, despois de publicar Cancións para Antía e Abracadabras, publicados todos pola AS-PG. Cencia, educación vial ou coñecemento do país son algúns dos temas deste traballo musical que lle dará ritmo á casa e ao colexio.

Pirilampo é un grupo musical que busca que as crianzas canten ao tempo que aprenden, gocen mentres coñecen, bailen cando cantan. Pirilampo é un animal que produce luz, un becho que dá para unha metáfora e unha palabra ben sonora. Á fronte do proxecto está Xosé Lois Seixo que comezou a se meter na música infantil despois do nacemento da súa neta Antía, protagonista do primeiro disco Cancións para Antía, un álbum no que as crianzas podían coñecer o corpo, a natureza e o país onde viven. Música tradicional acompañaba a toda a fauna e flora do noso entorno, a cultura e a vida no campo para o que contaban cun grupo composto por varios músicos do Conservatorio da Coruña mais o coro infantil da Sinfónica. O resultado foi sorprendente. Nas aulas, o alumando traballaba coas cancións e o profesorado tiña na man uns materiais novos e divertidos con que ensinar palabras e descobrir o país. Os discos, como di Xosé Lois, “testáronse” nos colexios e pasaron as probas con extraordinaria nota. As letras eran acaídas e a música de calidade, un esforzo grande que se viu compensado coas moreas de propostas didácticas que os propios nenos e nenas elaboraron sobre as cancións. Despois de Cancións para Antía nacería Abracadabras, xa co nome Pirilampo, un traballo musical sobre o poemario de Marica Campo do mesmo título. Maxia que xa se adiviña desde o título, o meigallo de música e palabras para que a cativada cante a cotío, que aprenda as letras e goce coas melodías. Se en Cancións para Antía, a natureza, o popular e o tradicional toman forza, en Abracadabras o mundo urbano xa aparece de maneira explícita nalgúns dos temas que o compoñen e deulle calidade musical ao proxecto, que a cada pouco foi incorporando instrumentos e persoas que enriqueceron o proxecto. “A música é un elemento importantísimo para producir idioma e unha maneira afectiva de chegar ao país” di Xosé Lois, mentres lembra con entusiasmo as sesións nos colexios nos que 150 rapaces e rapazas pasaban coreando os temas desde que entraban até que saían. O ensino é o destino privilexiado do traballo de Pirilampo e iso levou a AS-PG a promover a publicación dos cedés, recibidos con entusiasmo por ensinantes e alumnado. Ollos de mel é agora o seu terceiro traballo no que afondan nese encontro feliz entre a literatura e a música.  

____

También te podría interesar...

  • CANTA CONNOSCO!

    CANTA CONNOSCO!

    Migallas Teatro
    €22,00

    No 20.º aniversario deste sobranceiro traballo musical, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron bailar a m...

    Ver todos os detalles
  • XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA

    XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA

    Xosé Manuel Sánchez Rei.
    €37,00

    O libro dá conta dos aspectos máis importantes da vida de Seivane, non só do punto de vista da súa faceta como artesán, mais tamén tendo en conside...

    Ver todos os detalles
  • CANCIÓNS PARA DESAFINAR

    CANCIÓNS PARA DESAFINAR

    A Gramola Gominola
    €20,00

    A Gramola Gominola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar.Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, punk, gospel ou ...

    Ver todos os detalles
  • A MÚSICA DOS SERES VIVOS

    A MÚSICA DOS SERES VIVOS

    María Reimóndez
    €19,00

    Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais,...

    Ver todos os detalles
  • COAS MIÑAS MANS

    COAS MIÑAS MANS

    Pablo Díaz
    €20,00

    Podo debuxar, contar, sentir...Música para aprender os números, as cores, as comidas… pero tamén para cantarlle á lúa, á primavera… Cancións divert...

    Ver todos os detalles