O animalario do Entroido. Mito e tradición é un libro de investigación etnográfica do antropólogo Carlos Xabier Ares Pérez, publicado a finais de 2023 pola editorial Ab Origine Edicións.
A obra analiza e cataloga o simbolismo e a transcendencia das representacións de animais dentro do ciclo do carnaval tradicional en toda Galicia, explorando as súas características físicas, mitoloxía e conexións coa identidade comunitaria.
Neste traballo de investigación etnográfica o autor achega a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. Un estudo descritivo no que se catalogan e se dá conta da estática das mesmas, da súa simboloxia, das referencias históricas e mitolóxicas que as preceden e tamén dalgunhas lendas que estos animais levan asociadas...
O AUTOR
Carlos Xabier Ares Pérez é un graduado social, investigador social, escritor e especialista en antropoloxía social e cultural, cuxo traballo destaca pola intensa divulgación do patrimonio inmaterial de Galicia.
En xullo de 2026, foi nomeado Cronista Oficial do concello de Viana do Bolo.
-
É membro activo da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).
- Forma parte do Padroado da Fundación Carlos Casares.
- É membro do Movemento Cultural Ourensán Nós, a xente do redor.
- Foi un dos membros fundadores da Asociación Cultural "A Nosa Bisbarra" de Viana do Bolo en 1997.
Ilustres (2014): Un volume que recompila 18 biografías de personaxes senlleiros da comarca de Viana do Bolo canda un repaso polas súas tradicións locais.
- O animalario do Entroido. Mito e tradición (2023): Ensaio editado por Ab Origine Edicións que afonda no bestiario, as máscaras e a simboloxía dos animais no entroido tradicional.
___
Editorial: AB ORIGEN 02-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 170
ENTROIDO
CARNAVAL
MITOLOXÍA