MARÍA DAS HERBAS E AS HERBAXEIRAS DO CAUREL
CRÓNICA DA CULTURA POPULAR DUNHA TERRA EXTRAORDINARIA
Nesta obra, María Moure de Oteyza describe unha viaxe que comeza na súa infancia e culmina no Caurel. Naquela extraordinaria serra descobre que o que ía ser un traballo baseado no uso tradicional da plantas medicinais, convértese nunha historia que vai moito máis aló e que ten como protagonistas non as plantas, senón as persoas que habitan o territorio, as cales van configurando o fermoso, complexo, colorido e variado tapiz tecido nese tear que conforma a Cultura Popular do Caurel, a través dos testemuños, ritos ancestrais, lendas, refráns, cancións, adiviñas, ... que existen tanto en torno á Etnomedicina como en xeral. Todo iso deu como resultado este primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor.
____
Editorial: Teófilo
Idioma: Galego