Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARRECENDE A LIMPO

€17,00
ISBN 9788412463521

Lembras como cheira unha casa cunha limpeza creativa?

Exacto: Arrecende a limpo. Seguindo a liña de Limpeza creativa, a obra na que Elisa Nicoli nos aconsellaba como facer os nosos produtos de limpeza ecolóxicos, chega agora Arrrecende a limpo.

En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños. 

Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.

Non hai nada que non poidamos limpar na casa con produtos naturais. Auga, limón, sal, vinagre, bicarbonato, pero tamén luvas vellas, arroz, cebolas, canela, calcetíns, plátanos, iogur… Tes a casa ateigada de alternativas de limpeza ecolóxicas e eficaces. 

Despois dunha clara introdución sobre os perigos dos deterxentes e produtos químicos e dos símbolos que atopamos nos seus envases, neste libro atoparás unha longa lista de receitas ordenadas por necesidade e espazo do fogar.

Vaiche sorprender o doado e barato que pode ser reducir a túa pegada ecolóxica e protexer a túa saúde creando os teus propios deterxentes e limpadores en poucos minutos. Consegue os mesmos resultados recuperando trucos de outrora que foron quedando no fondo do armario.

Non precisas dunha despensa cun milleiro de produtos específicos para cada limpeza, cheos de substancias nocivas, conservantes químicos e compostos tóxicos. Abonda con coñecer as propiedades dos ingredientes que xa tes no fogar e (re)utilizalos con siso.

Verás como se van reducindo os botes e frascos que acumulas nos armarios, a casa vai mudando de ambiente e sentirás que todo arrecende a natural.

Mary Ann Simpson

Mary Ann Simpson é unha activista escocesa que leva moito tempo loitando por axudar o planeta, convencida de que todo o mundo poden contribuír a salvagardar o ambiente partindo de simples xestos cotiáns en eidos como a hixiene doméstica e persoal, con produtos naturais de impacto mínimo na contorna e que aforran enerxía.

Mary Ann está activa en varias organizacións sen ánimo de lucro ecolóxicas, anticaza e antiviviseccionistas, e baixo o seu nome de pluma, escribe artigos fóra do seu país sobre o futuro do planeta e sobre que facer para cambialo. Este é o seu primeiro libro.





____

Editorial: Catro Ventos 09-2022
Idioma:   Galego