DONOS DE SEU: LOITAS, ARELAS E FROITOS DA XENTE DE MAR DO PORTO DO SON (1580-1830)
€39,50
ISBN 9788491216230
Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia.
Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco. No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego