CINCO SÉCULOS DE EXPLORACIÓN: FONDOS CARTOGRÁFICOS DA HISPANIC SOCIETY OF AMERICA
por Mitchell Codding
€12,00
ISBN 9788496494322
Comprende este catálogo a descrición dunha selección de mapas, atlas e cartas de navegación de entre os séculos XV e XVIII, en pergameo e en papel, procedentes do fondo cartográfico da Hispanic Society of America (Nova York).
Este fondo constitúe unha das mellores coleccións do mundo no seu xénero e é moi escasamente coñecido polas propias características das pezas, ao tratarse de documentos únicos. Os mapas aquí descritos son produto dunha época na que poderosos países europeos emprenderon grandes exploracións marítimas e terrestres. Unha das consecuencias que supuxo este afán colonizador foi o avance de ciencias e técnicas como a xeografía e a cartografía. Ao valor histórico e á precisión técnica destes manuscritos súmase ademais o seu notable valor artístico, pois moitos deles están profusamente iluminados.
Idioma: Castellano

____
Editorial: AFUNDACIÓNIdioma: Castellano