Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíricos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformitas, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa incesante presenza da ironía e do apuntamento satírico. Evocación da mocidade extraviada, mais tamén discurso poético que expresa inquedanza ante outras cuestións emerxentes, como o ensimesmamento tecnolóxico, a tentación narcisista e o adanismo revolucionario.