III PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL.
Un misterioso profeta anuncia a inminente chegada dun novo tempo e fai un chamamento á conversión. Nun momento histórico de crise social e moral, só perdura a crenza no poder redentor da palabra poética, único camiño para unha posíbel salvación da humanidade. Unha casaca escarlata é unha proposta arriscada e singular, que conxuga harmonicamente un imaxinario apocalíptico e relixioso, fornecido de múltiples referencias culturais, coa sátira social e a ironía.
____
Editorial: MeduliaIdioma: Galego