Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN FEITICEIRO DE TERRAMAR. HISTORIAS DE TERRAMAR I

€16,00
ISBN 9788412581294

O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán e inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura da sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho más afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.ntan.

Chega a Boadicea Editora Terramar, o mundo de fantasía creado por Ursula K. Le Guin no que se desenvolve o ciclo de novelas A Wizard of Earthsea (1968), The Tombs of Atuan (1970), The Farthest Shore (1972), Tehanu (1990), Tales from Earthsea (2001) e The Other Wind (2001).

Ursula K. Le Guin (1929-2018) é unha autora referente de ciencia ficción e fantasía, creadora da federación Ekumen no primeiro ámbito e do mundo de Terramar no segundo. Foi a primeira muller en gañar o premio Hugo e o premio Nébula coa súa obra The Left Hand of Darkness (1969) e chegou a publicar máis de vinte novelas e máis de cen relatos curtos, xunto con poesía, ensaio, crítica literaria, tradución e libros para a infancia.

____

Editorial: Boadicea Editora 04-2023

Idioma: Galego