A cadencia rítmica sostida en elementos fónicos e no emprego dunha linguaxe que a través deles se crea a si mesma, configura unha proposta de xorne irracionalista na que os contidos e as mensaxes, non sempre nidias, se harmonizan con imaxes procedentes do ensoño para construir unha totalidade simbólica parella á convencional, na procura dunha realidade profunda atemporal e certeira, oculta detrás das apariencias.
____
Editorial: Medulia 02- 2021Idioma: Galego