O libro que nos atopamos, galardoado co Premio de Narrativa Carvalho Calero do Concello de Ferrol, contempla un conxunto de relatos nos que o autor traballa cos contrastes dun mundo en decadencia, con personaxes impelidas a situacións límite ou a piques de que as súas vidas sufran unha fractura no monótono devalar da cotidianidade. O autor crea o lugar de Esperante, trasunto mítico dun espacio no que os seus moradores fican orfos de esperanza perante o torbeliño da modernidade.
_____
Editorial: Laiovento 1997
Idioma: Galego